Os xogos descargables non deixan de superar marcas, e tras a excelente acollida de Trials Evolution, agora chega a xente do estudo Mojang encabezada por Markus Notch Persson e consegue converter a Minecraft: Xbox 360 Edition no xogo máis vendido nas primeiras 24 horas en Xbox LIVE Arcade e, para rematar a faena, conseguen superar o millón de unidades vendidas en todo o mundo en menos dunha semana.
O pasado luns o título rexistrara máis de 5,2 millóns de horas de xogo en liña, máis de 4 millóns de sesións multi-xogador e máis de 2,4 millóns de horas muiti-xogador, dando a entender que este xogo que permite construír mundos sen moverse do sofá está a captar tanta atención na Xbox 360 como fixo no seu día na súa versión para PC, onde destacou polos usos imaxinativos que facían os usuarios desta ferramenta tan curiosa.
Minecraft supera o millón de copias vendidas para Xbox 360
Compartir Este Artigo
