O regreso da saga Steel Battalion está a ser moi agardado, en boa medida porque o novo Steel Battalion: Heavy Armor vai tirar proveito de Kinect como interface de control complementaria ao mando tradicional, experiencia que moitos querían probar, e aínda que este título de Fron Software non chegará ás tendas ata o 22 de xuño xa é posible saír de dúbidas grazas á versión de demostración do xogo que vén de estrearse en Xbox LIVE, aínda que polo momento só está dispoñible para usuarios Gold.
O xogo que vai ser distribuído por Capcom sitúanos nunha Manhattan en 2082, nun mundo no que os ordenadores e a tecnoloxía desapareceu, e as nacións máis fortes están en loita pola hexemonía. Mentres o exército americano aterriza en New York para iniciar ofensivas dunha guerra de desgaste, na que os soldados dispararán dende trincheiras, mentres que os Vertical Tanks avanzarán pesadamente, nunha experiencia de campo de batalla como nunca se veu grazas ao uso de Kinect.
Para facernos unha idea de como é a condución dun Vertical Tank, podemos ver o seu vídeo de instrución a continuación:
O Steel Battalion para Kinect estrea demo
Compartir Este Artigo
