Konami Digital Entertainment confirmou que o vindeiro 12 de xuño estará dispoñible para PS Vita o recompilatorio Metal Gear Solid HD Collection, que incluirá os xogos Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty e Metal Gear Solid 3: Snake Eater, con gráficos actualizados, polo que ambos xogos poderanse verse cunha calidade maior á que presentaban na PlayStation 2 pese a estaren nunha plataforma portátil. Nesta ocasión non inclúe o xogo Metal Gear Solid: Peace Walker que saíra orixinalmente para PSP e que si incluía a colección HD para PS3 e Xbox 360.
Os xogos tamén permitirán o xogo cruzado coa PlayStation 3, de xeito que quen teña estes títulos remasterizados na consola doméstica de Sony poderá transferir as partidas gardadas entre ambas consolas para continuar a acción onde a deixara (prestación coñecida como Transfarring).
Aparte da actualización gráfica, os xogos tamén tirarán proveito das prestacións da PS Vita, como a pantalla táctil ou o seu panel táctil traseiro, empregando os dedos para ampliar vídeos, agocharse nas esquinas, interrogar inimigos, mudar de arma e realizar ataques rápidos co coitelo.
Os Metal Gear Solid de PS2 terán versión para PS Vita o 12 de xuño
Compartir Este Artigo
