Para celebrar o 15º aniversario do primeiro Resident Evil Capcom vai pór á venda en Europa o vindeiro 27 de xuño a través da tenda de descargas da PlayStation Network o xogo Resident Evil: Chronicles HD Collection, colección que incluirá versións remasterizadas para PlayStation 3 dos xogos Resident Evil: The Umbrella Chronicles e Resident Evil: The Darkside Chronicles, publicadas inicialmente para Wii e que agora contarán con gráficos en alta definición en soporte para o sistema de control PlayStation Move.
Este recompilatorio porase á venda inicialmente a 26,99 euros, aínda que dende o 18 de xullo tamén será posible adquirir os seus 2 xogos por separado a un prezo de 14,99 euros cada un. Esto supón unha excelente oportunidade para seareiros da saga que non puideran gozar no seu día nos títulos da mesma que chegaron á consola doméstica de Nintendo.
Resident Evil: Chronicles HD Collection chegará como descarga o 27 de xuño
Compartir Este Artigo
