Aínda que o nome de Hideo Kojima estea normalmente ligada á saga Metal Gear Solid, en 2001 tamén produciu para Konami o xogo Zone of the Enders (Z.O.E.) que pese a non ser un dos xogos para PlayStation 2 mellor recibidos, aínda tiña certa parroquia (en boa medida por vir apoiado por unha serie de animación e contar cunha secuela para PS2 e cun xogo ambientado no seu mesmo universo para Game Boy Advance). Agora Konami quere recuperar a franquía, e anuncia que o vindeiro 25 de outubro vai lanzar para PlayStation 3 e Xbox 360 Zone of the Enders HD Edition, unha remasterización do xogo para as consolas de alta definición que mellorou tanto a súa aparencia visual (os seus vídeos están agora a 720p a 60 cadros por segundo) como a calidade da súa música e dos seus efectos sonoros.

Esta información chega nun momento no que parece confirmarse que está en desenvolvemento a secuela de Zone of the Enders: The 2nd Runner, que estaría ambientada nunha civilización antiga en vez de nun contorno futurista, e que faría uso do Fox Engine, motor desenvolvido coa seguinte xeración de consolas no punto de mira.
Zone of the Enders volverá en HD no outono
Compartir Este Artigo

