
Para ir quecendo motores, 2K adianta que os usuarios que reserven o xogo nas súas versións de Xbox 360 ou PlayStation 3 recibirán un paquete de contido descargable NBA All-Star presentado por Sprite. Este contido estará ambientado en Houston, onde terá lugar a competición All-Star de 2013 e que permitirá aos seareiros da NBA organizar o seu propio campionato, incluíndo o concurso de mates, o concurso de triplas e o partido de novatos.
Jason Argent de 2K Sports asegura que este contido é o seu xeito de “dicir grazas aos seareiros polo seu amor continuo á saga de NBA 2K”, engadindo que só será “o comezo dunha chea de novidades que terá NBA 2K13”.
A NBA volve ás consolas en outubro
Compartir Este Artigo
