As aventuras de Isaac Clarke van continuar nas consolas de videoxogos en Dead Space 3, de xeito que este survival horror futurista continuará a facerse camiño como un título de referencia para os amantes do xénero por demostrar que non estaba todo perdido tras a transformación de sagas como Resident Evil a un xénero máis de acción.
Pero o novo Dead Space tamén quere renovarse dalgún xeito, polo que incorporar un modo cooperativo, no que un novo personaxe, John Carver, incorporarase á loita contra a praga de necromorfos.
Pouco máis sabemos deste título que está a desenvolver Visceral Games, agás que agora as informacións das que se viña a falar nos últimos días veñen apoiadas por unha filtración de imaxes do xogo. É de agardar que nos vindeiros días, de cara ao E3, Electronic Arts achegue máis detalles sobre este prometedor e arrepiante videoxogo.
Dead Space 3 contará con modo cooperativo
Compartir Este Artigo
