O Xperia miro conta cunha boa integración con redes sociaisSony Mobile Communications vén de presentar en Londres 2 novos smpartphones da familia Xperia que funcionarán con Android 4.0 e chegarán ao mercado no terceiro trimestre do ano. O Xperia miro será un móbil que estará dispoñible en distintas cores, integrarase profundamente con Facebook e contará coa tecnoloxía xLOUD de Sony para obter un son alto e claro; mentres que o Xperia tipo destaca porque tamén vai estar dispoñible nunha versión con dobre SIM, pensando en quen quere combinar distintas tarifas de telefonía ou para quen ten unha liña telefónica persoal e outra profesional. Sony inclúe a tecnoloxía xLOUD no Xperia miro, o que permite unha reprodución musical alta e clara dende o novo móbilO Xperia miro será un terminal con pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles e un recubrimento anti-reflexos , procesador a 800 MHz, cámara de 5 Mpíxeles con flash LED, radio FM, unhas medidas de 123 x 59,4 x 9,9 milímetros e un peso de 110 gramos que pretende satisfacer as necesidades tanto de usuarios profesionais como de amantes das redes sociais e da reprodución multimedia. Pola súa banda, o Xperia tipo mantense nunha liña aínda máis discreta, apostando pola simplicidade. Terá unha pantalla de 3,2 polgadas resistente ás rabuñaduras cunha resolución de 320 x 480 píxeles, procesador a 800 MHz, cámara de 3,2 Mpíxeles, radio FM, unhas medidas de 103 x 57 x 13 milímetros e un peso de 99,4 gramos que destaca por contar cunha versión dual SIM que mantén incluso as mesmas dimensións e peso.