
Para ampliar a historia da película o videoxogo conta cun argumento creado por Seamus Kevin Fahey, quen traballou en series de televisión como Spartacus e Battlestar Galactica, ofrecendo unha aventura cinematográfica que continuará os acontecementos do filme que veremos nos cines a partires do 6 de xullo.
O xogo do trepamuros está a ser desenvolvido por Beenox para Xbox 360, PlayStation 3, Wii e Nintendo 3DS (cunha versión para PC que chegará máis adiante), mentres que a versión para Nintendo DS foi desenvolvida polo estudo Other Ocean. As versións para consolas de Nintendo teñen unha clasificación PEGI 12+, mentres que para as consolas de alta definición contan cun PEGI 16+.
O novo xogo de Spider-Man contará con máis inimigos que a película na que se inspira
Compartir Este Artigo
