THQ está a promocionar o xogo de loita libre WWE 13 cun xeito bastante peculiar, adiantando que os usuarios que reserven o xogo con antelación poderán facerse cun personaxe exclusivo moi especial: o boxeador Mike Tyson, un dos campións do mundo dos pesos pesados máis recoñecidos que conseguiu facerse cos cintos de campión de 3 federacións mundiais con só 20 anos, converténdose no boxeador máis novo en conseguir tal logro.
Este xogo para Xbox 360, PlayStation 360 e Wii, que non chegará ás tendas ata o 2 de novembro, non será a primeira aparición de Tyson na loita libre americana, pois xa en 1998 fixera as súas incursións na WWE dentro da Era Attitude; lembrándose tamén a súa participación no Wrestlemania XIV, onde o recrutou D-Generation X (DX) para facer de árbitro especial no combate principal polo Campionato WWE entre Shawn Michaels e Stone Cold Steve Austin. Tamén apareceu como convidado especial do Monday Night Raw do 11 de xaneiro de 2010 e entrou no Salón da Fama da WWE o pasado mes de abril.
Mike Tyson aparecerá no videoxogo WWE 13
Compartir Este Artigo
