Sony presentou nas últimas horas un novo tipo de cámara de alta definición que pretende atender á demanda de videocámaras deportivas para filmar escenas de acción en primeira persoa, que sexan doadas de levar, e que vai estrearse no outono cunha cámara de pequeno tamaño, moi lixeira, que combinará un sensor Exmor R CMOS (capaz de tomar imaxes con reducida iluminación) e unha lente Carl Zeiss Tessar de ultra-grande angular. A tecnoloxía de estabilización de imaxe SteadyShot tamén contribuirá a que as gravacións realizada con esta interesante cámara non resulten incómodas de vez ao rexistrar escenas de moita acción.
Sony tamén comercializará carcasas que permitirán protexer esta cámara de golpes e auga. Teremos así unha solución moi interesante para a práctica de actividades de lecer no río ou no mar e numerosos deportes de risco, no que parece unha resposta ás cada vez máis populares cámaras GoPro.
Sony anuncia a súa propia videocámara deportiva
Compartir Este Artigo

