Parece trivial pensar que, coas cámaras fotográficas dixitais, que facilitan ver as fotografías que saquemos ao momento na propia pantalla da cámara ou noutros dispositivos (coma televisores) as vellas cámaras instantáneas estaban abocadas a desaparecer, pero dende Polaroid non se dan por vencidos e o vindeiro 15 de agosto vai traer ao mercado a cámara dixital instantánea Z2300 por un prezo de 159,99 dólares.
Esta cámara de 10 Mpíxeles, con pantalla LCD de 3 polgadas e lector de tarxetas SD de ata 32 Gb é unha Polaroid como as clásicas por integrar unha impresora ZINK Zero, o que permite trasladar ao papel as nosas fotografías en menos dun minuto, aínda que nun tamaño un tanto ridículo (5 x 7,5 centímetros). Como no caso das vellas Polaroid, para que funcione esta peculiar impresora é preciso facerse cun papel especial que está á venda en paquetes de 30 unidades por 14,99 dólares ou 50 unidades por 24,99 dólares, o que non é a opción máis económica para revelar as nosas fotografías.
En agosto teremos unha nova cámara dixital instantánea de Polaroid
Compartir Este Artigo

