Tras suxerilo a través de Facebook e Twitter, SEGA confirmou que o xogo NiGHTS into Dreams… vai ter no outono un remake en alta definición en formato descargable para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, recuperando este clásico xogo do Sonic Team publicado orixinalmente para Sega Saturn conservando todos os seus niveis orixinais pero actualizando os seus gráficos para a alta definición.
Sorprende ver como se recupera un xogo que xa ten 16 anos, que desta volta non só mellora a súa definición para ás novas pantallas, senón que tamén adáptase ao formato 16:9 e incorpora táboas de clasificación en liña, logros e trofeos. Tamén permitirá activar o Modo Saturn para quen queira gozar do título cos seus gráficos orixinais.
Trailer do remake de NiGHTS into Dreams…
NiGHTS volverá no outono en alta definición
Compartir Este Artigo
