A finlandesa Rovio, responsable da franquía de éxito global Angry Birds, finalmente animarase a ampliar as súas miras e estrea hoxe o seu xogo Amazing Alex, que trátase dun remake dun xogo xa existente, Casey’s Contraptions, de Snappy Touch e Mystery Coconut, estudos independentes encabezados por españois afincados nos EE.UU. (Noel Llopis e Miguel Ángel Friginal). Ambos xogos toman a mecánica de clásicos como The Incredible Machine (que o ano pasado estreou versión para iPad).
O novo xogo de Rovio ofrece polo momento 100 niveis desafiantes nos que haberá que colocar obxectos interactivos (dun total de 35) provocando unha reacción en cadea que solucionen un quebracabezas dun xeito creativo, podendo non só compartir as nosas solucións cos amigos, senón tamén construír e compartir os nosos propios niveis.
Polo momento Amazing Alex está dispoñible por 0,79 euros para iPhone/iPod Touch, por 2,39 euros para iPad e por 0,81 para móbiles con Android e 2,45 euros para tablets co mesmo sistema operativo para o que tamén hai unha versión de balde con 16 niveis a xeito de proba. O xogo tamén estreará en breve versións para Windows Phone, Mac e PC.
Trailer do xogo
Os creadores de Angry Birds estrean o xogo Amazing Alex
Compartir Este Artigo
