O fabricante Zoom redefine o mercado das videocámaras compactas coa nova Q2HD, que pese ao seu tamaño compacto (126,9 x 51 x 35 milímetros) é capaz de gravar vídeo de alta definición (Full HD a 30 imaxes por segundo e a 720p a 60 imaxes por segundo) e tomar imaxes de 5 Mpíxeles, aínda que o seu forte é un micrófono estéreo semidireccional que tamén pode configurarse para recoller son nun ángulo de 30/60/90/120 e 150 graos cunha calidade profesional (24 bits a 96 KHz en PCM) que pode empregarse tanto para rexistrar unha entrevista como para gravar un concerto de música.
Este dispositivo cun prezo de 199,99 dólares nos EE.UU. tamén pode conectase a un ordenador para facer retransmisións en vivo a través da Internet con servizos como Ustream, Flash Media Live Encoder ou Skype, destacando tamén pode poder empregarse como micrófono USB incluso nun iPad 2 (ou nun novo iPad).
A cámara Zoom Q2HD é compatible con tarxetas de memoria SDXC de ata 64 Gb de capacidade e conta cunha saída HDMI para poder ver as súas gravacións en alta definición comodamente nun televisor.
Zoom lanza unha nova cámara de vídeo compacta cun micrófono profesional integrado
Compartir Este Artigo

