
Esta conversión do xogo a dispositivos de Apple está bastante coidada, para adaptar a experiencia a pantalla táctiles. Nesta aventura controlaremos a Lee Everett nas súas pescudas, accións, diálogos e tomas de decisións, facendo ao usuario partícipe dunha historia na que o camiño percorrido afectará en episodios posteriores, conseguindo un título sólido que parece estar a convencer a crítica e público, pois nas súas distintas plataformas conseguiu unha puntuación en Metacritic de entre 79 e 84 sobre 100.
O xogo de The Walking Dead chega hoxe a iPhone e iPad
Compartir Este Artigo
