
Un dos produtos máis sorprendentes de Microsoft para Windows 8 sería o Wedge Touch Mouse, rato sen fíos con tecnoloxía BlueTrack (de xeito que funcionará sobre practicamente calquera superficie) que ten unha superficie táctil a xeito de trackpad para realizar desprazamentos en 4 direccións e navegar empregar os dedos. O seu deseño ultracompacto permitiría transportalo dun xeito cómodo. Este produto terá un prezo de venda de 69,95 dólares.

Máis tradicionais serían o Sculpt Touch Mouse e o Sculpt Mobile Keyboard, que custarán 49,95 dólares cada un e que serían unha oferta bastante equilibrada e claramente máis asumible para ter unha boa experiencia de uso de Windows 8.
Tamén cómpre destacar que o actual Microsoft Touch Mouse, rato que actualmente só funciona baixo Windows 7, recibirá a correspondente actualización para poder tirar proveito das súas prestacións baixo Windows 8.
Microsoft presenta ratos e teclados deseñados para Windows 8
Compartir Este Artigo

