O vindeiro 24 de agosto chegará ás tendas en versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC o xogo Transformers: La Caída de Cybertron, xogo que transpórtanos aos derradeiros días do planeta orixinario dos Transformers (Cybertron) onde está a ter lugar unha guerra entre Autobots e Decepticons, pero os máis impacientes poderán probar dende hoxe mesmo o que ofrecerá este título de High Moon Studios, pois vén de estrear demo para Xbox 360 e PlayStation 3.
A demostración inclúe unha misión do modo historia onde tomamos o papel de Bumblebee (un Autobot) nunha misión de defensa e de Vortex (un Decepticon); tamén permite acceder aos modos multixogador Team Deathmatch e Conquista. Con estas posibilidades poderemos facernos unha moi boa idea do que será o xogo que continúa as aventuras de Transformers: La Guerra por Cybertron.
Trailer do xogo
