Parte das grandes sagas exclusivas das consolas de videoxogos de Sony van ter un consumo íntegro moito máis doado grazas a novos recompilatorios que veñen de anunciar para os EE.UU. e que é de agardar que cheguen pronto a Europa. Deste xeito, o vindeiro 28 de agosto os norteamericanos poderán facerse coas coleccións completas de Ratchet & Clank, inFAMOUS e God of War a prezos que parten dos 29,99 dólares, converténdose en compra obrigada para os novos usuarios de PlayStation 3 ou para quen desexe completar algunha destas 3 sagas.
A colección de Ratchet & Clank inclúe os 3 xogos da saga remasterizados en alta definición; a colección de inFAMOUS incluirá as 2 entregas da saga e os seus contidos descargables (incluíndo o episodio Festival of Blood); e o paquete máis interesante é sen dúbida o de God of War Saga, por incluír God of War e God of War II (de PS2 remasterizados en HD), God of War III, God of War: Chains of Olympus e God of War: Ghost of Sparta (de PSP remasterizados para PS3) e algúns contidos adicionais.
Un grande lanzamento para os que desexen completar as súas sagas favoritas e poder gozalas na súa plataforma doméstica actual.
Sony recompilará as coleccións completas de Ratchet & Clank, INFAMOUS e God of War
Compartir Este Artigo
