
O xogo contará adicionalmente cunha edición especial da que aínda non se coñecen máis detalles que o feito de que contará cunha portada 3D lenticular. Este título pretende trunfar en boa medida por repetir a fórmula doutras entregas de LittleBigPlanet, ou sexa, permitindo a posibilidade de deseñar os nosos propios circuítos mediante un editor incluído no xogo. Os vehículos e a vestimenta dos Sackboys tamén poderán personalizarse, e todos estes produtos obra da imaxinación e o traballo dos usuarios poderán compartirse en liña para o goce doutros xogadores de calquera curruncho do mundo.
Para o anuncio da data de lanzamento de LittleBigPlanet Karting Media Molecule optaron por estrear un trailer do xogo cunha clara inspiración nos Xogos Olímpicos que están a desenvolverse nestas datas:
LittleBigPlanet Karting chegará á PS3 o 8 de novembro
Compartir Este Artigo
