A finais de ano poderemos ver o videoxogo Zoombeer do estudo galego Moonbite Games en PC, Mac e consolas de alta definición, que parte dunha curiosa proposta (tomaremos o papel de K, vítima da trabada dun zombi que evita a infección empregando a cervexa como antídoto, e eliminando a todos os mortos viventes que aparecen ao seu paso nunha misión para rescatar á súa moza Karen) e do que temos dado conta en numerosas ocasións, pero parece que finalmente están a ter repercusión internacional, e a publicación dixital internacional Joystiq encargouse de estrear en primicia o primeiro trailer de Zombeer con imaxes do xogo en acción.
Deste xeito xa non nos temos que conformar con imaxes conceptuais de personaxes e escenarios do xogo, senón que podemos ver como será finalmente este título de acción en primeira persoa que destaca pola súa simpática estética na que o terror cede espazo ao humor.
Primeiro trailer de Zombeers que amosa o xogo en acción
Un novo trailer amosa como será Zombeer en acción
Compartir Este Artigo
