Neste xogo descargable podemos tomar o papel dos protagonistas da película nunha nova aventuraO vindeiro venres chega aos cines españois a película Los Mercenarios 2, que xunta na grande pantalla a populares actores do cine de acción como Sylvester Stallone, Jason Statham, Jet Li, Dolph Lundgren, Bruce Willis, Arnold Schwarzenegger, Jean Claude Van Damme e Chuck Norris, e que como precuela ten xa dispoñible o seu videoxogo descargable oficial, The Expendables 2 Videogame, que está á venda no Bazar de Xbox LIVE por 1.200 puntos Microsoft (14,4 euros), contando tamén con versión para PlayStation 3 (dispoñible en breve) e para PC. Este xogo desenvolvido por Zootfly permite aos afeccionados á película vivir momentos explosivos coas súas estrelas favoritas nun xogo de acción cooperativa para 4 xogadores (tanto en liña como fóra de liña).