O xogo Angry Birds Space actualízase hoxe como unha especial homenaxe á última misión marciana da NASA, que se materializou coa aterraxe no Planeta Vermello o pasado 5 de agosto do Curiosity, momento que na ficción aproveitaron os porcos vermellos para roubar o Rover para empregalo para buscar ovos, anoxando así aos paxaros protagonistas, que durante 20 novos niveis deberán continuar coa súa misión destrutiva contando desta volta co fume de volcáns e asteroides explosivos como novos elementos interactivos. O título tamén inclúe 3 niveis ocultos dedicados ao Viking Lander, o Sojourner e o Opportunity, os precursores do Curiosity.
A última actualización de Angry Birds Space está xa dispoñible para iPod Touch, iPhone, iPad e Android, mentres que para o resto de plataformas chegará paulatinamente nos vindeiros días.
Vídeo promocional da última actualización do xogo espacial dos paxaros anoxados de Rovio
