Este sábado entre as 10:00 e as 20:00 horas poderase visitar o expositor Reto 3DS no Centro Comercial Marineda City de A Coruña, onde os xogadores galegos poderán comprobar por si mesmos o grado de inmersión de achegan as novas pantallas da Nintendo 3DS XL (grazas a seren un 90% maiores que ás das 3DS ordinarias). Os usuarios que xa conten cunha Nintendo 3DS poderán levala para aproveitar para facer StreetPass e competir con outros xogadores. Amais, os que formen parte dun clan de xogadores con máis de 10 membros poderán participar no torneo estatal Reto 3DS organizado pola Red Blogocio no que competir nos xogos Mario Tennis Open, Heroes of Ruin, Kid Icarus: Uprising e Mario Kart 7 para facerse con diversos premios (camisetas, cartas de realidade aumentada, fundas de transporte para a 3DS, xogos… e mesmo unah visita aos estudos de Mercury Steam).
O Reto 3DS chega á Coruña este sábado
Compartir Este Artigo
