
A cita será no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, e dará comezo a partir das 9:30 horas, coa recollida de acreditacións e a documentación correspondente.
A apertura do acto virá da man de José María López Bourio, presidente de AGESTIC; de Javier Lozano, director xeral de NANFOR e de Alfonso Blasco, director do CNTG; entidades todas elas defensoras das vantaxes da formación oficial de Oracle.
De feito, non só “recomendan a asistencia aos profesionais TIC de Galicia”, senón tamén, engaden, “ao empresariado responsable da formación e capacitación do seu persoal e que desexen brindar unha oportunidade de mellora continua no seu posto de traballo e na empresa”, aseguran.
O programa da xornada, que leva por nome: As vantaxes da formación oficial de Oracle: vantaxes competitivas para profesionais e empresas, recolle a presentación de Nanfor Ibérica como OAEC Oracle en Galicia, da man de Oscar Robles, Partner Delivery Manager para España e Portugal de Oracle University.
Tamén inclúe unha presentación das claves para mellorar os negocios con Oracle Universitiy, da man do director xeral de Nanfor Ibérica, Javier D. Lozano; e unha exposición das vantaxes da base de datos Oracle 11 G, da que se encargará Santiago Carbonell, instructor de Oracle.
Antes de concluír cun coloquio no que as persoas asistentes poderán resolver as súas dúbidas, o programa inclúe unha nova intervención do director xeral da entidade formadora, na que exporá as razóns da alta empleabilidade dos profesionais certificados de Oracle.
As persoas interesadas en participar nesta xornada deberán encher o formulario que achega a web oficial da organización.
Oracle mostrará en Compostela as súas ofertas de formación tecnolóxica
Compartir Este Artigo

