Private Dancer é un dos clásicos de Tina Turner que este mércores chegan á SingStoreMañá a tenda de descargas musicais para SingStar actualizarase con novos temas, que nesta ocasión parece toda unha homenaxe a Tina Turner, cantante da que entran a formar parte do catálogo da SingStore 5 novas cancións: Steamy Windows, I Don’t Wanna Fight, We Don’t Need Another Hero, The Best e Private Dancer. Pero aínda que esteamos ante cancións de éxito incontestable, non son as únicas que poderán cantarse dende agora no sistema de karaoke para PlayStation 3, senón que tamén se incorporan clásicos como The Power of Love de Jennifer Rush, Love Is A Battlefield de Pat Benatar, Rhythm Of The Night de DeBarge e Africa de Toto, xunto con temas como Alone (Heart), This Is The Way (E-Type), Chain Reaction (John Farnham), Most Girls (P!nk) e Bye Bye Bye (NSYNC), aínda que cómpre mencionar que esta última canción xa estaba dispoñible en SingStar Dance, polo que non é unha novidade absoluta para todos os usuarios desta franquía musical.