Nos últimos anos os xogos para dispositivos móbiles están a ser todo un fenómeno de éxito, e Microsoft quere aproveitalo, de aí que conten con compañías como Rovio, Miniclip, Gameloft, ZeptoLab, Glu Mobile e Halfbrick Sutdios para achegar as súas creacións a Windows 8 a través dunha nova canle de xogos accesible dende a aplicación de xogos que inclúe o sistema operativo da compañía de Redmond que sairá oficialmente o vindeiro 26 de outubro, cando tamén estreará numerosos xogos que gozarán de numerosas prestacións propias dos xogos para a Xbox 360 como logros, taboleiros de puntuacións, modos multixogador e a posibilidade de comunicarse cos amigos.
O catálogo de xogos de lanzamento de Xbox games for Windows 8 é realmente completo: – 4 Elements II Special Edition – A World of Keflings – Adera: Episode 1 – Adera: Episode 2 – Adera: Episode 3 – Angry Birds – Angry Birds Space – Big Buck Hunter Pro – BlazBlue Calamity Trigger – Collateral Damage – Crash Course GO – Cut the Rope – Disney Fairies – Dragon’s Lair – Field & Stream Fishing – Fruit Ninja – Gravity Guy – Gunstringer: Dead Man Running – Hydro Thunder Hurricane – IloMilo – iStunt 2 – Jetpack Joyride – Kinectimals Unleashed – Microsoft Mahjong – Microsoft Minesweeper – Microsoft Solitaire Collection – Monster Island – PAC-MAN Championship Edition DX – Pinball FX 2 – Reckless Racing Ultimate – Rocket Riot 3D – Shark Dash – Shuffle Party – Skulls of the Shogun – Taptiles – Team Crossword – The Harvest HD – Toy Soldiers Cold War – Wordament – Zombies!!!
Microsoft anuncia os xogos descargables que chegarán a Windows 8 o 26 de outubro
Compartir Este Artigo
