2K Sports anunciou hoxe NBA 2K Everywhere, levando a experiencia de NBA 2K a calquera lugar a través unha nova aplicación para móbiles, un xogo social en Facebook e unha versión para móbiles de NBA 2K13para iOS e Android. NBA 2K Everywhere ofrecerá aos xogadores novos xeitos de xogar, e tanto a aplicación móbil como a de Facebook permitirán aos usuarios implentar os datos e a experiencia do novo NBA 2K13 para Xbox 360, PS3 e PC, engadindo un novo nivel de conectividade e continuidade á franquía de xogos de baloncesto.
Dende dispositivos móbiles (iOS e Android) estará dispoñible de balde MyNBA2K, que contará con mini-xogos (prácticas de lanzamento, exercicios rápidos ou a sinatura de autógrafos, entre outra actividades) con controis táctiles moi intuitivos e de consumo rápido, ofrecendo tamén a posibilidade de manterse conectados aos modos MyCAREER e MyTEAM de NBA 2K13 cando esteamos fóra de casa.

Pero o mes de outubro tamén estará dispoñible unha versión do xogo NBA 2K13 para iOS e Android, que contará con controis táctiles, bos gráficos e, por primeira vez neste título para móbiles, modo multixogador tanto por Bluetooth como a través do Game Center (no caso da versión para iOS).
A saga de xogos de NBA 2K faise máis móbil e social
Compartir Este Artigo
