Os usuarios que habitualmente teclean textos de certa lonxitude dende smartphones ou tablets optan en numerosas ocasións por teclados externos, para o que hai numerosas posibilidades no mercado, entre as que queremos destacar o Virtual Keyboard que porán á venda na tenda Brookstone o vindeiro 1 de outubro por 99,99 dólares (78,23 euros), e que consegue ter un tamaño tan reducido como para servir de chaveiro grazas a que o teclado sobre o que pulsaremos cos dedos será unha proxección sobre unha superficie lisa.
Este pequeno dispositivo comunícase por Bluetooth co noso smartphone ou tablet, e proxecta mediante láser un tecldo sobre unha superficie plana sobre a que podemos traballar como se fose un teclado físico, pero sen ter que cargar con el durante o seu transporte. Funciona cunha batería recargable por USB que conta cunha autonomía de 2 horas de tecleo continuo.
Novo teclado láser para dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo

