O xogo recupera a súa popular mecánica de combates por equiposO xogo de loita Tekken Tag Tournament 2 chegou hoxe ás tendas europeas en versións para Xbox 360 e PlayStation 3, recuperando a mecánica de combates por equipos e ofrecendo o cadro de loitadores máis amplo da historia de Tekken, un sistema en liña totalmente redeseñado e incluso unha canción orixinal de Snoop Dogg, Knoc’em Down. Tamén engade un Laboratorio de Loita (para aprender mecánicas do xogo), un modo multi-xogador por parellas e un sorprendente modo de combate de un contra un (habitual noutras sagas, pero ausente ata o momento nun Tag Tournament). Namco Bandai tamén anunciou que o 1 de outubro abrirá a inscrición a o Torneo Nacional Tekken Tag Tournament 2, que terá lugar o 20 de outubro en Madrid (pasando o gañador á final europea) e inlcuos celebrará un Concurso de Cosplay Tekken, animando á xente a disfrazarse dos personaxes do xogo para poder ser a imaxe oficial do xogo en España (darán detalles sobre o concurso máis adiante).
Trailer de lanzamento do xogo A versión para Wii U do xogo contará coa presenza de personaxes de Nintendo dun xeito peculiarO xogo Tekken Tag Tournament 2 tamén vai contar cunha edición para Wii U, cunha data sen concretar (que sería entre o 30 de novembro e marzo de 2013) e que como sorpresa inclúe o que poderiamos considerar cameos de personaxes de Nintendo, a través de disfraces que fan que Mario, Luigi, Bowser, Link e Zelda estean presentes nos combates nos que incluso será posible empregar cogomelos para incrementar o noso tamaño como se estivésemos no Super Mario Bros.
Trailer da versión para Wii U de Tekken Tag Tournament 2