Tras varios meses de traballo, a compañía coruñesa de videoxogos Defcon Studio achégase ao público de xeito oficial, estreando na App Store o seu xogo Iron Jack 2 para iPod Touch, iPhone e iPad, que actualmente pode descargarse de balde e que permite meternos na pel dun piloto espacial que ten que recoller a súa carba de combustible espallada por un mundo hostil no que numerosos robots custodian sectores laberínticos que haberá que superar. Este título conta con 60 niveis divididos en 3 sectores, o protagonista pode facer uso de 10 armas e 8 powerups e para instar ao usuarios a superarse, tamén incorpora logros e rankings mundiais. Absolute Defense 2 estreouse nos últimos días na App StoreAntes da súa estrea oficial, o equipo central de Defcon Studio, conformado por Sergio Abraham Martínez e Javier de la Peña Ojea, xa tiña desenvolvidos outros títulos, e tamén está buscando darlles certa visibilidade, de aí que nas últimas semanas tamén puxeran a disposición do público o xogo Naves Espaciales HD en Google Play, que xa superou as 10 descargas para dispositivos con Android e que o pasado venres chegou á App Store en versión para iPhone, iPod Touch e iPad como Absolute Defense 2. Trátase dun clásico xogo de naves espaciais de desprazamento horizontal no que destruír a innumerables inimigos, mellorar armas e escudo e buscar a superación comparando os resultados acadados con un mesmo ou cun ranking internacional por países. Sergio Martínez nas oficinas de Defcon Studio na CoruñaCon este 2 xogos Defcon Studio estaría a amosar a cabeza nun mercado moi competitivo, pero con moito potencial, no que buscan facerse un oco, para consolidarse como un estudo de videoxogos galego que xa ten un novo xogo a piques de ver a luz, Tin Boy, que fuxe da temática espacial para chegar a todos os públicos cunha mecánica de plataformas e un deseño moi coidado (obra da deseñadora galega Laura Piñeiro Meana) que poderían convertelo no primeiro grande éxito de Defcon Studios, e do que procuraremos dar conta en canto vexa a luz.