
Ao parecer, ás poucas horas de abrirse as reservas da Wii U en numerosas tendas en liña norteamericanas, esgotáronse as unidades (especialmente do modelo Premium), o que parece indicar que a nova consola vai ser todo un fenómeno durante as súas primeiras semanas de vida.
Bloqueo rexional
Nintendo tamén confirmou que a Wii U vai contar cun sistema de bloqueo rexional, de xeito que os xogos adquiridos en EE.UU., Xapón e Europa son funcionarán en consolas adquiridas neses mesmos territorios, pechando as portas á importación no que vén a ser unha práctica habitual por parte de Nintendo nas súas consolas domésticas, mentres que Sony e Microsoft optan por permitir que o bloqueo rexional dos xogos sexa algo que decidan os seus editores (o que permite que moitos títulos poidan conseguirse de importación).
