Os seareiros dos xogos de loita en 2D estarán encantados de recibir hoxe a volta dun par de clásicos, os xogos Marvel Super Heroes e Marvel vs. Capcom, empaquetados xuntos como Marvel vs. Capcom: Origins, e que xa están dispoñibles por 1.200 puntos no Bazar de Xbox LIVE, para chegar máis adiante á PlayStation Network por 14,99 euros. Temos así 2 xogos de recreativa polo prezo de 1, conservando todas as súas características, como un ritmo infernal e accións sen mesura, ás que se engaden a posibilidade de personalizar a aparencia dos loitadores, xogar en liña, gravar repeticións e un modo espectador. Tamén inclúe un sistema dinámico de retos co que conseguir puntos para desbloquear artigos.
En local os xogos permite xogar en solitario ou contra outro xogador, mentres que en liña é posible establecer partidas de entre 2 a 8 xogadores, así como compartir marcadores.

Trailer de Marvel vs. Capcom: Originis
