Tras ter unha magnífica acollida nas súas versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, o xogo Batman: Arkham City non só está a agardar pola súa Armored Edition para Wii U, senón que tamén contará cunha versión para ordenadores de Apple, que Feral Interactive está a preparar e que agardan lanzar no mes de novembro. A espera compensaranse co feito de que a edición do xogo para OS X será a Game of the Year, ou sexa, que incluirá todos os contidos descargables e paquetes de expansión de Batman: Arkham City, como serían o episodio titulado Harley Quinn’s Revenge (unha especie de epílogo do xogo) e as ampliacións que permiten que, en vez de manexar a Batman, poidamos meternos na pel doutros personaxes como Catwoman (cunha aventura de seu), Nightwing e Robin (para superar certos retos).
Batman: Arkham City estrearase para OS X en novembro
Compartir Este Artigo
