O vindeiro martes a nova consola portátil de Sony vai recibir o xogo Doctor Who: The Eternity Clock, que estará dispoñible en formato descargable e que destacará por adaptarse aos controis da PS Vita, de xeito que poden empregarse os 2 sticks analóxicos e as funcións táctiles deste sistema de xogo, aínda que tamén poderá optarse por un sistema de control máis tradicional. Os quebracabezas do xogo tamén foron adaptados para o control táctil da PS Vita, e incluso permitirá aproveitar o servizo xeosocial desta consola, de xeito que os xogadores poden recoller medallas Galifreyan no xogo e soltalas en localizacións GPS para que poidan recolleras outros xogadores (á vez que podemos mellorar a nosa colección atopando as doutros usuarios).
Como o título tamén terá versión para PC e PS3, no caso desta última plataforma poderase gozar de Continuation Play, de xeito que as partidas gardadas na nube dende a PS3 poderán continuarse na PS Vita e viceversa.
O Doutor Who estreará xogo para PS Vita a semana que vén
Compartir Este Artigo
