A semana pasada Rovio estreou un espazo en Tumblr sobre a súa franquía Angry Birds no que daban a entender que os seus paxaros anoxados ían ter algo que ver coa saga galáctica de George Lucas, e hoxe confírmase que o 8 de novembro chegará a dispositivos móbiles o xogo Angry Birds: Star Wars, que podería ser moi semellante ao Angry Birds Space, pero contando desta vez con caracterizacións dos paxaros para facer os papeis dos rebeldes da saga galáctica orixinal (Luke Skywalker, Han Solo, a princesa Leia, Chewbacca, Obi-wan Kenobi) que terán que enfrontase a un Imperio formado polos malvados porcos de sempre.
Os Angry Birds xa se cruzaran co cine no xogo Angry Birds Rio, polo que desta volta a fusión de franquías sorprende pola súa ambición, xa que non se limitará a un xogo para iOS, Android e outras plataformas, senón que aproveitará o punto forte comercial de Rovio, a mercadotecnia, de xeito que se aliaron con Hasbro para ofrecer un xogo de jenga de Star Wars: Angry Birds (no que a estrutura a derrubar é unha Porquiña Estrela da Morte), un xogo de combate cunha estrutura con forma de AT-AT, pequenas figuras cos personaxes do novo xogo e incluso bonecos de veludo.
Vídeo de presentación do Angry Birds: Star Wars
En novembro verá a luz Angry Birds: Star Wars
Compartir Este Artigo
