Este mes ponse á venda por uns 250 euros a completa solución para compartir datos sen fíos Synology DiskStation DS213air, que é nunha caixa que pode albergar no seu interior ata 2 discos duros SATA de 2,5 ou 3,5 polgadas (polo que a súa capacidade máxima sería de 8 Tbytes) os que dota de alta conectividade para poder acceder aos mesmos dende distintos equipos grazas a que conta con conectividade Wi-Fi N e Gigabit Ethernet. Pero este dispositivo non se limita a facilitar o acceso en rede a discos duros, senón que aproveita a súa conectividade sen fíos para operar tamén como enrutador sen fíos, incluso accedendo á Rede a través de Wi-Fi, de xeito que podería servir para ampliar a cobertura de Wi-Fi no fogar ou en pequenas empresas onde haxa zonas con mala cobertura.

O DiskStation DS213air inclúe a aplicación Synology Data Replicator para facer copias de seguridade baixo Windows, mentres que os usuarios de equipos de Apple poden aproveitar Time Machine para facer o mesmo.
Se non chegase con albergar 2 discos duros no interior deste NAS, tamén temos a posibilidade de ampliar a súa capacidade mediante ata 2 discos duros externos por USB 3.0. Tamén cómpre destacar que estamos ante un dispositivo que funciona con moitos outros servizos, sendo capaz de albergar páxinas web, servidor de FTP, servidor de correo electrónico… e incluso pode empregarse para descargar documentos con distintos protocolos (que inclúen a BitTorrent e eMule).
Synology lanza un NAS capaz de ampliar a nosa cobertura Wi-Fi
Compartir Este Artigo

