Grazas á colaboración de Chillingo, Mattel e Glitchsoft, a serie de televisión de He-Man e os Amos do Universo que puidemos ver nos anos oitenta na TVG vai contar cun novo videoxogo para dispositivos móbiles de Apple titulado He-Man: The Most Powerful Game in the Universe, que transcorrerá nas 7 rexións de Eternia a través de 27 niveis de acción para derrotar a Skeletor e a moitos outros dos seus esbirros como Beast Man.
No xogo poderase evolucionar o personaxe de He-Man desbloqueando novos poderes e habilidades segundo vaian progresando as misións a completar. Chegará á App Store no outono como aplicación universal, ou sexa, que poderá gozarse en iPod Touch, iPhone e iPad.
Trailer do novo xogo de He-Man
