Para recibir ao Windows 8 a semana que vén a taiwanesa Gigabyte anunciou hoxe o seu tablet S1082, que permitirá correr o Windows 8 Pro (e non o Windows RT co que funcionan os tablets básicos) e funciona cun procesador Intel Atom de dobre núcleo, pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, USB, HDMI, saída VGA, Ethernet, 3G e un disco duro de 500 Gb que pode substituírse por unha unidade SSD de 256 Gb (oscilando o seu peso entre os 790 e os 850 gramos en función de tal característica) e coa posibilidade de adquirir unha base que engade ao dispositivo unha unidade de DVD, 2 altofalantes e un subwoofer. Tamén poderá mercarse cunha batería secundaria que permite estender a súa autonomía ata 12 horas.

Gigabyte confirma que recibirá a Windows 8 cun novo tablet
Compartir Este Artigo

