Os afeccionados aos videoxogos que gustan dos títulos clásicos teñen habitualmente problemas para conseguir vellos xogos para gozar dos mesmos no seu ordenador, especialmente se este é un Mac, de aí que o servizo de distribución dixital GOG.com (antes coñecido como Good Old Games ou Vellos Xogos Bos) vén de estar unha sección con xogos para OS X con máis de 50 títulos entre os que figura o magnífico Syndicate, a serie Ultima, os xogos da saga Wing Commander ou os clásicos Simcity 2000, Crusader: No Remorse ou Theme Hospital, sen esquecer lanzamentos recentes como Botanicula ou The Witcher 2: Assassins of Kings.
Para celebrar estas estreas no catálogo de GOG.com algúns xogos (Simcity 2000, Theme Hospital, Crusader: No Remorse, Little Big Adventure, Postale Deponia 2) teñen descontos de ata o 50% ata o vindeiro día 25.
Vídeo de presentación da chegada de GOG.com a Mac
