LG vai comezar a vender en Corea do Sur unha impresora fotográfica de peto cunhas medidas de 7,2 x 12,1 x 2,4 centímetros e un peso de 212 gramos pensada en comunicarse co noso móbil a través de Bluetooth ou NFC para poder levar as fotografías que temos no móbil ao papel (nun tamaño de 7,5 x 5 centímetros) empregando tecnoloxía ZINK (considerada como a Polaroid moderna).
Para poder empregar a LG Pocket Photo debemos instalar unha aplicación que podemos atopar de balde en Google Play dende un terminal con Android, e que permite aplicar filtros e editar as imaxes antes das súa impresión.
Esta impresora de peto venderase en distintas cores a un prezo de 189.000 wons (130,93 euros), mentres que os paquetes con 10 papeis fotográficos ZINK terán un prezo de 5.000 wons (3,46 euros).
LG presenta unha impresora fotográfica para móbiles
Compartir Este Artigo

