
O Dell Latitude 10 funciona cun procesador Intel Atom Dual Core Z2760, 2 Gb de RAM, unidade SSD de 64 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 LE, opcións de banda larga móbil e GPS, son de calidade, cámaras de alta definición (a cámara posterior é de 8 Mpíxeles), conectividade USB 2.0, lector de tarxetas de memoria SD, saída mini-HDMI e batería intercambiable de 2 ou 4 celas que ten un prezo base de 789 euros + IVE.
Este tablet tamén conta cunha base opcional para facilitar o seu uso no escritorio, pode conectárselle de xeito externo unha unidade óptica, ten un deseño robusto, un grosor de só 10,5 milímetros e un peso de 668 gramos,
Vídeo de presentación do novo tablet profesional de Dell

