
Dende o consistorio pontevedrés deron conta do acontecido ás autoridades o que levou ao Grupo de Delitos Telemáticos da Unidade Central Operativa da Garda Civil a investigar o roubo realizado a través dos servizos de banca electrónica, e que podería ser dun importe duns 200.000 euros (ou incluso superar tal cantidade).
Ao parecer, os delincuentes que usurparon a conta bancaria do Concello de Cerdedo realizaron numerosas transferencias bancarias a partires das 17:00 horas do luns, ata onte pola mañá, sen que nin Concello nin entidade bancaria decatásense dos feitos. Ao notificarse o acontecido, bloqueouse a conta e identificouse ás entidades ás que se transferiron os cartos para poder investigar os feitos.
ACTUALIZACIÓN: Dende Novagalicia Banco aseguran que mañá restituirán os cartos subtraídos mediante un “virus informático” tras acadar un acordo cos representantes do Concello de Cerdedo. Aínda que normalmente agárdase á conclusión das investigacións para devolver os cartos, dende a entidade bancaria decidiron anticiparse.
Estafan pola Internet ao Concello de Cerdedo
Compartir Este Artigo

