Os amantes dos xogos de condución poden levar dende hoxe un dos mellores títulos do xénero no seu peto, pois Need For Speed: Most Wanted, adiantándose ao seu lanzamento en consolas doméstica, estreouse en plataformas móbiles, podendo adquirirse por 6,48 euros en Google Play e por 5,99 euros como aplicación universal na App Store.
Este xogo permite pórse ao volante dun SRT Viper GTS, un Porsche 911 Carrera S, un Hummer H1 Alpha e moitos outros vehículos, podendo optar por un control táctil ou mediante inclinación, adaptándose así aos gustos do usuario; todo cuns gráficos impresionantes que destacan especialmente nos últimos terminais con iOS ou Android.
O vindeiro 1 de novembro Need For Speed: Most Wanted tamén estará dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3, PC e PS Vita.
Trailer da versión para Android do xogo
Need For Speed: Most Wanted xa está dispoñible para dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo
