Pensando nun público infantil, RTVE estrea no mercado a súa Tableta Clan, un tablet con Android 4.0 e pantalla de 7 polgadas que vén configurado para un uso seguro por parte dos cativos e cun acceso doado aos contidos infantís de Televisión Español, que está á venda por 179,44 euros, o que está lonxe de ser a mellor oferta do mercado, pois tecnicamente é claramente inferior a outros trebellos como o Kindle Fire (que ten un prezo de 159 euros).

O tablet ten unha pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de só 800 x 480 píxeles, procesador a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb), Wi-Fi N, cámaras frontal e traseira, saída mini HDMI e unha funda protectora de silicona.
Clan TVE estrea tablet para cativos
Compartir Este Artigo

