Tras o seu lanzamento a primeiros de setembro en Google Play, o xogo Triviados, título inspirado no clásico Trivial Pursuit, está a colleitar grandes éxitos ata superar os 230.000 usuarios e colarse entre as aplicacións máis populares para Android neste momento, e grazas ás páxinas de La Voz de Galicia sabemos que entre os seus desenvolvedores está o coruñés Francisco Calvelo Moreira, responsable do deseño gráfico da aplicación, quen dá a coñecer que este xogo ten un promedio de 20.000 usuarios diarios e traballan en incrementar as 5.000 preguntas coas que conta o xogo actualmente e engadir funcións sociais ao que xa é o produto estrela de Pandereta Estudio, que en breve contará tamén con versión para iPhone, segundo manifestou un dos seus programadores, Álvaro Urbano.
O xogo mestura os ingredientes necesarios para pórse de moda como Apalabrados, e un dos seus principais retos neste momento é non morrer de éxito, xa que experimentou numerosas saturacións nos seus servidores, de xeito que os xogadores teñen problemas para establecer a conexión co mesmo.
Análise de Triviados publicada en FAQsAndroid

