Crystal Dynamics renovará a franquía de Tomb Raider o vindeiro 5 de marzo, e para amenizar a espera van dando detalles do que serán as novas aventuras de Lara Croft como o feito de que o novo título terá unha duración de entre 12 e 15 horas segundo o noso estilo de xogo e outro detalle sumamente importante é que Lara non contará con obxectos para recuperar a súa saúde, senón que a vida rexenerarase de xeito espontáneo.
Karl Stewart, de Crystal Dynamics tamén desvelou que o novo Tomb Raider tamén terá numerosas referencias á anterior saga de Lara Croft a xeito de homenaxe, a nova historia estará repleta de xiros argumentais, non será posible nadar no xogo e, por suposto, de conseguir unhas boas vendas, o xogo terá secuela.
O novo xogo de Tomb Raider durará entre 12 e 15 horas
Compartir Este Artigo
