Atreverse a desenvolver un xogo de alto orzamento que non pertenza a unha franquía consolidada é toda unha ousadía, pero Bethesda Software quixo atreverse con Dishonored título para Xbox 360, PlayStation 3 e PC que nos sitúa nun mundo arrasada pola peste e oprimido por un goberno provisto de estrañas tecnoloxías na que o protagonista emprende unha misión de vinganza tras ser acusado falsamente de ter asasinado á emperatriz da que era gardacostas.
Agora sabemos que a aposta de Bethesda veuse recompensada, e este xogo de acción e sixilo está a superar as expectativas do seu editor, o que levou á compañía a anunciar que vai converterse nunha nova franquía.
Pete Hines de Bethesda asegura que as vendas do xogo están a ser excelentes, liderando as vendas nas tendas de descargas durante a pasada fin de semana (moi importante nos EE.UU.), de aí que non haxa dúbidas de que terá secuela, demostrando unha vez máis que apostar por novas propiedades intelectuais pode ser beneficioso incluso a longo prazo.
Os bos resultados de Dishonored converterano nunha nova franquía
Compartir Este Artigo
