Guardianes de la Tierra Media é un xogo descargable que hoxe chega ao Bazar de Xbox LIVE a un prezo de 1.200 puntos (uns 14,4 euros) e á PlayStation Store por 14,99 euros, e que introduce aos personaxes da Terra Media creada por J. R. R. Tolkien para desenvolver historias como as de O Señor dos Aneis en areas de combate en liña (xénero coñecido como MOBA) de xeito que os xogadores poderán xuntarse en equipos de heroes e viláns de xeito que ata 10 usuarios poderán participar en batallas multixogador de estratexia de 5 contra 5.
Entre as posibilidades deste xogo tamén está a de desbloquear novos personaxes, de xeito que os usuarios que paguen 1.200 puntos Microsoft poderán facer uso de Bilbo Bolsón, Bert, Barrow-wight Lord, Snaga e 4 gardiáns misteriosos, así como acceder ao modo Supervivencia de xeito adicional. Ao estarmos ante un abono de tempada, os usuarios que o adquiran poderán acceder a máis contido adicional descargable dende o propio xogo.
Este título pretende aproveitar o pulo da estrea cinematográfica dunha triloxía de filmes baseados na novela O Hobbit.
Os personaxes de Tolkien estrean un xogo de batallas en liña
Compartir Este Artigo
