
No modo fóra de liña Respawnables ofrece máis de 100 misións para completar que servirán para adestrar para o modo multixogador en liña que conta con 2 variantes: de balde para todos e de enfrontamentos por equipos.
O xogo conta con opcións de personalización a través de máis de 50 elementos con atributos, 15 armas, unha árbore de habilidades progresiva, trebellos e potenciadores e varios mapas.
Aínda que estamos ante un título violento, Respawnables optou por adoptar unha estética cartoon na liña de Team Fortress 2, o que resta realismo ao xogo (atenuando a sensación de estarmos ante unha matanza) sen reducir o seu nivel de detalle (aproveita os gráficos das pantallas Retina).
Un título moi recomendable tanto para quen queira botar algunhas partidas sen compromiso como para os que queiran gozar dun shooter en mobilidade (pois este xogo permite xogar tanto a través de Wi-Fi como de 3G).
Trailer do xogo

